Monday 29 de April de 2024

A Pobra vivirá unha xornada de baloncesto e vólei de praia no 19 de agosto


No 19 de agosto vivirase unha dobre cita deportiva na Pobra do Caramiñal. Se ben nas pistas do Castelo haberá o torneo Congalsa 3×3 Basket Pobra xa anunciado, a praia da Lombiña será escenario dun de vólei de praia, a partir das 10.00 horas. As categorías que tomarán parte deste último evento son a masculina/mixta, a feminina e a infantil.

O concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, indica que se prosegue así na liña de fomenta-la práctica de distintas disciplinas deportivas.

Habilítase o teléfono de contacto 629824957 para a formalización das inscricións, cuxo prazo remata ás 22.00 horas do día 16. A cota ascende aos 5 euros por xogador/a nas modalidades adultas e será de 5 euros por equipo infantil.